Fondo cabecera Concello de Rábade

Actualidade

Páxina 1 de 4,  34 contidos

martes, 14 de mayo de 2024

Obradoiro gratuíto para familias

03062024obradoiro

O servizo de prevención de condutas aditivas da agrupación de Concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade organiza un encontro online dirixido a nais e pais dos concellos da agrupación, para abordar o mundo afectivo-sexual dende o ámbito das familias de nenas, nenos e adolescentes.Este obradoiro será; impartido de xeito online (a través da plataforma zoom) por Susana Piedra Zorrilla, psicóloga con número de colexiada: M-19528 responsable do Programa de Prevención de condutas de risco en nenos, nenas e adolescentes e fomento da parentalidade positiva na UNAF.Data: 3 de xuño.Horario: de 17:00 a 18:30 horas.Inscricións a través do seguinte enlace: https://forms.office.com/e/cz0fMRxny2

Leer más

martes, 14 de mayo de 2024

Descenso Internacional Copa Miño

copamino2024
O concelleiro de Deportes de Rábade, Carlos González, participou hoxe na presentación do LXVII Descenso Internacional Copa Miño que organiza a Federación Galega de Piragüismo e que vai ter lugar o sábado 18 de maio con saída do noso Concello.

Leer más

miércoles, 8 de mayo de 2024

Curso de percusión medieval

percusion2024
O Concello de Rábade colabora na organización do curso de percusión medieval que vai ter lugar os días 14, 15 e 16 de xuño na Casa das Insuas.

Leer más

miércoles, 8 de mayo de 2024

O Concello de Rábade organiza un concurso de marcapáxinas polas Letras Galegas

marcapaxinas2024
O Concello de Rábade organiza un concurso de marcapáxinas con motivo do Día das Letras Galegas.

Leer más

martes, 7 de mayo de 2024

IV Encontro de Corais en Rábade

corais2024
O domingo 12 de maio ás 19:00 horas vaise celebrar o VI Encontro de Corais na Igrexa de San Vicenzo de Rábade.

Leer más

martes, 7 de mayo de 2024

Rapatiando 2024

rapatiando2024
O Concello de Rábade enche de actividades infantís os meses de xuño, xullo e agosto co programa Rapatiando 2024.

Leer más

miércoles, 27 de marzo de 2024

O Concello de Rábade colabora co Máster Nacional de Futbolín, que este ano cumpre 25 anos

masterfutbolin2024

O Concello de Rábade colabora co XXV Gran Máster Nacional de Futbolín que organiza a Peña Futbolín Bola Meiga e que se vai celebrar na localidade os días 28, 29 e 30 de marzo.

A alcaldesa de Rábade, Remedios González, acompañada polo concelleiro de Deportes, Carlos González, o director xeral de Presas, José; Presas, José Manuel Candal Regueiro, organizador da Peña Futbolín Bola Meiga, Manuel Castro, delegado da Federación Galega de Fútbol, Gerardo Criado en representación da Xunta de Galicia, e Javier Arias, deputado autonómico e ex delegado da Xunta en Lugo, compareceron hoxe ante os medios para dar conta dos detalles desta cita que celebra o seu 25 aniversario.

Pistoletazo de saída

Para celebrar o cuarto de século desta cita deportiva, mañá; xoves vaise levar a cabo un desfile conmemorativo do primeiro futbolín que chegou a Rábade no ano 1952, ao Bar Eliseo. O desfile sairá da praza, xunto ao Bar 22 ata chegar ao pavillón do IES Río Miño, un dos tres espazos nos que se vai celebrar o Máster Nacional de Futbolín.

Dez xogadores rabadenses levarán a mesa de xogo aos ombreiros acompañados de estandartes, numerosos campións cos seus trofeos, algunha que outra sorpresa divertida e a gran batucada Batu Cadabatú;.

15.000 euros en premios

Tal e como explicaron, inscribíronse no Máster 567 equipos chegados de toda España. Participan 240 xogadores máis que o ano anterior, 94 delas mulleres. Trátase, segundo precisaron, dunha cifra "histórica"; para este campionato. En total, vanse repartir 15.000 euros en premios, o máximo que se ten dado ata o de agora.

Mañá xoves a competición empeza ás 17:30 horas e o venres e o sábado ás 10:00 da mañá ata a madrugada. Son tres os escenarios onde se compite: a cafetería Papyrus, o Colexio Otero Pedrayo e o IES Río Miño.         

Leer más

O Concello de Rábade celebrará unha 'Andaina pola Igualdade' o 8 de marzo

8mrabade

O Concello de Rábade celebrará unha 'Andaina pola Igualdade' o vindeiro 8 de marzo con motivo do Día Internacinal da Muller con saída da Praza do Concello ás 11:00 horas.

Convidan a asistir caracterizadas como a icona feminista Rosie 'A Remachadora' recollendo o lazo no Concello.

Tamén con motivo do 8M, o día 15 de marzo ás 20:30 horas haberá unha actuación do grupo de fanfarria 'Brassica Rapa' polas rúas da vila.

Leer más

martes, 6 de febrero de 2024

O Concello de Rábade aproba un presuposto de preto de 3 millóns de euros cunha forte aposta polo gasto social e a limpeza viaria e recollida de residuos

06022024concello

O Goberno local do Concello de Rábade vén de aprobar os Orzamentos para este ano 2024, que ascenden a 2.989.000 euros, un incremento de preto de 800.000 euros con respecto aos do ano anterior. As Contas contaron co voto a favor do equipo de Goberno e co do PSOE e coa abstención de Independentes por Rábade.

Investimentos reais

En concreto, destínase máis dun millón de euros a investimentos reais, nos que se inclúen dúas importantes obras, como son a da reforma do antigo Cine Man e a mellora do campo de fútbol Catro Ventos.

O Goberno local fai un esforzo "moi importante" para impulsar e reforzar os servizos a persoas maiores e persoas dependentes nos domicilios incrementando a partida que se viña destinando á axuda no fogar.

Ao mesmo tempo, auméntase nun 140% o presuposto destinado ao servizo de limpeza viaria e recollida de residuos. "É unha aposta forte e un compromiso do equipo de Goberno que adquirimos cos veciños e veciñas para ter un servizo de maior calidade", precisa a rexedora Remedios González.

Tamén se recolle un incremento no capítulo de persoal coa creación de dous novos postos de traballo de administración; un de persoal contable e outro que se encargará do padrón municipal, entre outras tarefas.

Sobe ademais a partida de impostos indirectos ao contar coa liquidación de obra da nova urbanización de Vilar de Seo e da instalación no polígono de novas empresas.

A alcaldesa explica que se trata dunhas contas "realistas" nas que se priorizaron aqueles asuntos que máis preocupan aos veciños e veciñas, como son o gasto nas persoas e o aspecto que presenta a vila, que xa se está a ver mellorado.                      

Leer más

Páxina 1 de 4,  34 contidos

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Rábade
Concello de Rábade
Rábade - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 390 062 / 982 390 952 | Fax: 982 390 411
E-mail: concello.rabade@eidolocal.es